ConcellosÚltima hora

A resolución xudicial sobre a expropiación para Irosa-Samaca coñecerase o 3 de novembro

 

O vindeiro 3 de novembro está previsto que saía a resolución xudicial relativa ao procedemento de expropiación promovida pola Xunta de Galicia co fin de permitir a continuidade da actividade da empresa Samaca-Irosa. Así o vén de facer público o comité de empresa desta empresa louseira (do que forman parte a CIG e CCOO), que onte se reunía co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a visita que facía a Viloira (O Barco).

“Queremos agradecer que nos recibise o presidente, e tamén a colaboración da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, que intermediou para facer posible esta xuntanza”, sinala o secretario local da CIG, Francisco Moral, presente no encontro. “Nós expuxemos a problemática que hai, recibiunos ao comité de empresa e á CIG. O motivo era presentar unha carta escrita por traballadores de Irosa e a raíz diso insistir en pedir o apoio da Xunta, que xa o temos, ante a dúbida do que está pasando”.

Ademais na xuntanza comunicábanlles que “o día 3 de novembro vai saír a resolución da expropiación, que fixo a Xunta de Galicia, entón estamos a expensas diso, a ver que sucede. Loxicamente as dúas partes poden recorrela en función do que diga. Entón nós imos estar pendentes desa resolución e, a partir de aí, tomaremos as decisións pertinentes”, adianta Francisco Moral, que lembra a situación de angustia que están a vivir os 250 traballadores da empresa e as súas familias nestes momentos.

Artigos relacionados

Back to top button