CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada” estréase en Galicia o 6 de novembro

Neste espectáculo de Lucía Álvarez (voz) e Rosa Torres-Pardo (piano) dialogan os versos de Rosalía de Castro e Lorca con músicas de diversos compositores como Granados ou Chopin. Poderá verse no Auditorio de Vigo

 

Tras a súa preestrea en xuño en Madrid e o seu paso por Cracovia e Varsovia (Polonia) a finais de outubro, “A Rosalía. Concerto para piano e voz emocionada” estrearase a nivel nacional o vindeiro mércores 6 de novembro en Galicia. Será no Auditorio de Vigo ás 20h.

Trátase dunha proposta nada convencional que chega da man da actriz Lucía Álvarez (voz), natural de Mouruás (San Xoán de Río), e de Rosa Torres-Pardo (piano). Nela engárzanse os versos de Rosalía de Castro e os dos poemas galegos de Federico García Lorca cunha escolma de composicións musicais de autores como Granados, Antonio Soler, Schubert ou Chopin, entre outros.

“Federico García Lorca escribiu unha suite “para piano y voz emocionada”. Ao ver aquela acotación soubemos que non podía se casual. E, efectivamente, foi o fío do que tirar. Lorca foi a Galicia e encontrouse de cheo no mundo de Rosalía de Castro. Nunha das súas viaxes escribiu Seis poemas gallegos que hoxe siguen sendo dos menos coñecidos da súa obra. E aí soubemos o importante vínculo entre ambos poetas”, explican Rosa Torres-Pardo e Lucía Álvarez.

Con este concerto, que chegará por primeira vez a Galicia este mércores, a poesía destes dous autores en diálogo coa música reencontrarase coa terra na que naceron séculos atrás.

Foto do cartel: Eva Díaz Iglesias.

Artigos relacionados

Back to top button