Esta fin de semana será A Rúa dará o pistoletazo de saída á tempada de campo a través coa disputa do Campionato Xunta de Galicia de clubs absoluto, Sub23, Sub20, Sub18 e de equipos mixtos na categoría absoluta. Será no circuíto do Aguillón na mañá do 30 de outubro.
A esta cita están inscritos un total de dezasete equipos e preto de douscentos atletas que tomarán parte nas distintas categorías a partir das 10:00 horas desde o Circuito da Chopera, segundo informa a Federación Galega de Atletismo.
O S.D. Compostela Atletismo con cinco equipos, é o conxunto que acude con máis participantes, seguidos do Adas Cupa do Barco e C.D. La Purísima con catro.
É precisamente o club de O Barco de Valdeorras, quen aspira a revalidar a actuación do ano pasado na Illa das Esculturas en Pontevedra onde se fixo cos títulos tanto na categoría masculina como na feminina. S.D. Compostela e Atletismo Ribadeo en homes e o Atletismo Femenino Celta en mulleres, estarán tamén na loita por este importante título absoluto de campo a través.