CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Rúa acollerá o 4 de maio un recital de ópera e zarzuela

Nel contarase con Montserrat Mart í Caballé, con Luis Santana e con Antonio López Serrano

Programa de ópera e zarzuela na Rúa. O vindeiro 4 de maio a partires das 20h. o Centro Cultural Avenida acollerá un recital no que participarán a soprano Montserrat Caballé Martí, o barítono Luis Santana e o pianista Antonio López Serrano.

 

Esta actuación incluirá un amplo programa con pezas de Gaetano Donizetti, Giochino Rossini, Wolfgang Amadeus Mozart, Giacomo Puccini, Giuseppe Verdi, Fernando Obradors, Manuel Penella, Gerónimo Giménez, etc.

As entradas estarán á venda de forma anticipada no Concello da Rúa a un prezo de 10 euros ata o 22 de abril. Se non se completa o aforo, tamén poderán adquirirse na taquilla do Centro Cultural Avenida a un prezo de 12 euros.

Artigos relacionados

Back to top button