
Malia que na xornada deste sábado 30 de xaneiro volven descender lixeiramente os casos na provincia de Ourense, mantense a tendencia ascendente da curva dos casos activos de coronavirus na comarca de Valdeorras, sendo especialmente significativa no caso do Barco e da Rúa.
Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello rues, rexístranse un total de 17 casos activos, dous máis que onte, manténdose a incidencia acumulada en >250.



