A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa conta hoxe con 21 casos activos de Covid-19

Malia a mellora, dende o Concello adiantan que este ano o Nadal será atípico e non haberá inchábeis no pavillón

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Mantense a tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus no municipio da Rúa, sendo 21 o total rexistrado na xornada de hoxe, 7 de decembro, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello.

Son os mesmos que os rexistrados onte, pero cinco menos que os que había o pasado xoves, baixando progresivamente día a día e tal como adianta o alcalde, Álvaro Fernández, “cónstanos que varias persoas recibirán a alta nestes días”, co cal a situación mellorará considerablemente.

Con todo, dende o Concello seguen querendo ser precavidos e adiantan que este ano o Nadal será moi atípico. “Queda moi pouco para que a situación mellore de todo e parécenos pouco responsable fomentar o contacto, por iso este ano non haberá actividades para os nenos no pavillón”, di Álvaro recoñecendo que o tema da Cabalgata de Reis aínda o están valorando pero moi probablemente non se faga, apostando polas videoconferencias para que os nenos que o soliciten poidan interactuar cos Reis Magos e pode que tamén con Papá Noel.

Artigos relacionados

Back to top button