CulturaCulturaÚltima hora

A Rúa e O Barco acollen proxeccións do “Ciclo Mestre Mateo” co apoio da Deputación

Fachada do Centro Cultural Avenida da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Ciclo Mestre Mateo continúa a súa andaina pola provincia de Ourense proxectando, co apoio da Deputación de Ourense, longametraxes de ficción, animación e documentais finalistas dos premios Mestre Mateo. Nesta ocasión, os filmes chegarán ao Centro Cultural Avenida de A Rúa onde se proxectará diariamente, do 25 ao 30 de setembro, as seguintes películas nesta orde: Código Emperador, Live is life, No somos nada, A foreign song, María Casares. A muller que viviu mil vidas, e Onde máis doe. No Teatro Lauro Olmo, en O Barco de Valdeorras, o xoves 28 de setembro o público poderá gozar da proxección Código Emperador. A entrada ás proxeccións é gratuíta.

 

 

 

A colaboración entre a Deputación de Ourense e a Academia Galega do Audiovisual permite achegar o mellor do audiovisual galego recente ao público de diferentes localidades da provincia, nunha iniciativa que aposta pola promoción e difusión do noso audiovisual, achegándoo a concellos que non dispoñen dunha oferta cinematográfica estable.

Máis información: https://ciclomestremateo.gal/

 

Exterior do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button