A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa sitúase nos 20 casos activos por coronavirus

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Segue sen estabilizarse o número de positivos por Covid-19 na comarca de Valdeorras. No caso do Barco, na xornada deste mércores 9 de decembro, os casos activos repuntaban ata os 27 e con respecto á Rúa, aínda que cunha cifra bastante inferior e lonxe dos 36 que chegou a rexistrar, a curva segue sen estabilizarse. Segundo os datos facilitados pola Consellerías de Sanidade ao Concello, xa xornada de onte o número baixaba ata os 18 pero hoxe, volven subir lixeiramente ata un total de 20.

En canto aos novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, no municipio rues, son 18, manténdose a incidencia acumulada en >250.

 

Artigos relacionados

Back to top button