A Ruta do Viño de Valdeorras e Enoturismo Galicia organizarán o vindeiro 16 de novembro unha actividade que combina sendeirismo entre viñedos, historia e unha cata exclusiva de viños. Está pensada para un grupo de ata 20 persoas.
A xornada comezará ás 10:30 horas na adega Melillas (A Rúa), desde onde se iniciará unha ruta de sendeirismo de 5,5 km que atravesa os viñedos de Pedrazais. Este percorrido guiado, de aproximadamente unha hora e media, levará aos participantes por antigos camiños rurais e ás covas tradicionais de Valdeorras.
Ás 12:30 horas, o grupo regresará á adega Melillas para gozar dunha visita guiada na que se afondará nas particularidades do cultivo desta zona vitivinícola. A experiencia concluirá cunha cata de viños acompañada dun petisco típico da comarca.
Detalles de inscrición
• Data da actividade: 16 de novembro de 2024
• Prezo: 10 € por persoa
• Grupo mínimo: 10 persoas
Para máis información, os interesados poden escribir a info@rutadelvinovaldeorras.com ou chamar ao 604 07 87 53. As reservas realizaranse a través dun formulario de inscrición dispoñible na web do ruta do viño (www.rutadelvinovaldeorras.com).