OurenseÚltima hora

A salvo boa parte do gando dunha nave de Maceda ao atoparse fóra da instalación cando comezou a arder

Fonte: 112 Galicia.

 

Ás nove desta mañá activábase o aviso no 112 Galicia por un incendio nunha nave de gando no lugar de As Chas, en Maceda. Ata alí desprazábanse varias dotacións entre Bombeiros de San Cibrao, GES de Maceda, Protección Civil, Central de Incendios Forestais da zona e Protección Civil de Parada de Sil, xunto cos axentes da Garda Civil.

Dentro das instalacións había unha vaca e dous tenreiros, que son as únicas vítimas deste incendio, que aínda continúa activo. Pero quedaba a salvo boa parte do gando, que se atopaba fóra da nave  cando comezou a arder

“Aínda que o incendio está baixo control, as tarefas para sofocalo poden duran horas debido á forte carga térmica. Con todo, e malia que se perderon tres exemplares, o groso do gando salvouse do incendio por estar fóra da instalación no momento no que se produciu o suceso. De momento, continuarán os medios no punto”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button