CarballedaConcellosÚltima hora

A seca, xunto cos paxaros e xabaríns, deixa unha vendima anecdótica en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras)

 

Din que non se acorda unha vendima tan escasa como a deste ano en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras). Á seca dos últimos meses sumábase o feito de que os animais (entre eles paxaros e xabaríns) que lograron sobrevivir aos lumes de xullo recorrían aos viñas para alimentarse. Isto deixaba aos acios de moitas practicamente limpos.

Hai veciños que acostumaban recoller 104 cestos de uva e que desta volta só lograban encher uns 15 cestos, mentres que outros que viñan recollendo 50 cestos só conseguían apañar dous cestos e medio.

 

 

Neste último caso a colleita era tan anecdótica que os responsables da viña en lugar de sacar a prensa decidían que os máis pequenos da casa recuperasen  a tradición de pisar as uvas en cestos, recreando e aprendendo, ao mesmo tempo, un antigo método. O resultado dese pisado apenas daba para unha botella de viño.

“Daba pena ver a viña, había liñas enteiras de cepas sen nada, non se recorda nada semellante”, contan os veciños.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button