DeportesÚltima hora

A selección galega Sub23, coa valdeorresa Inés Docampo, campioa de España de cross

A selección galega Sub23 de campo a través, da que forma parte a valdeorresa Inés Docampo Gamarra (Adas Cupa do Barco), vén de facer se co título de campioa de España no nacional de cross por seleccións autonómicas que se celebraba este domingo 29 de xaneiro en Ortuella (Biscaia). Neste combinado tamén estaba a verinsa Antía Castro.

Os resultados individuais na proba son os seguintes:
7ª María Cedrón
10ªAntía Castro
12ª Sara López
24ª Inés Docampo
28º Branca Fernández
33ªºLucía Varela

Deste xeito, a valdeorresa suma un novo título, desta volta nacional, no que vai de tempada na modalidade de cross.

Fotos: FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button