ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A tormenta deixaba un regueiro de incidencias en Trives

As caídas de árbores cortaban estradas en diferentes puntos e tamén danaban dúas casas, un vehículo e parte dun tendido eléctrico

 

A tormenta de auga e forte vento que caía na tarde de onte, 4 de maio, en Trives provocaba sete incidencias en diferentes puntos deste municipio. Producíanse cortes de estradas, “sendo o máis grave no pobo de Navea, onde un total de 4 árbores cortaron a estrada e dous deles causaron importantes danos nun vehículo e en dúas vivendas, pero non houbo que lamentar danos persoais”, explican dende Protección Civil da Pobra de Trives. Ademais unha rama tiraba un tramo de uns 300m de liña eléctrica na localidade de Piñeiro.

Para solventalas os voluntarios de Protección Civil de Trives estiveron traballando ininterrompidamente dende as 16:30h tarde e ata pasadas as 23h. Tamén acudía o GES de Castro Caldelas e a Garda Civil.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button