SanidadeÚltima hora

A trivesa Ana Fernández-Teijeiro ingresa na Real Academia de Medicina de Sevilla

 

Ana Fernández-Teijeiro, de orixe trivesa e vogal da Xunta Directiva de Asomega (Asociación de Médicos Galegos), presidente da SEHOP e xefe de Servizo de Oncoloxía Pediátrica do Hospital Virxe da Macarena de Sevilla, engade desde esta semana ao seu currículo a condición de académica correspondente da Real Academia de Medicina de Sevilla.

A súa incorporación produciuse nunha sesión solemne na que tamén se nomeou a Juan Manuel García- Cubillana e recoñeceuse como académica correspondente de Distinción a María Isabel López Garrido.

 

Ana Fernández-Tejieiro, despois do acto, coa súa familia.

 

Fernández-Teijeiro, que foi presentada polo académico de número Federico Argüelles, falou na súa intervención #ante os membros da Academia de Medicina de Sevilla sobre “Retos actuais da Oncoloxía pediátrica en España”. Entre eles, os avances en medicina de precisión en Oncoloxía Pediátrica -que centrou a súa participación nun recente webinar organizado por Asomega Muller-, aínda que tratou tamén cuestións como a acollida de nenos ucraínos ou a investigación e a innovación no seu campo.

A vogal de Asomega viña de participar hai uns días no II Encontro Mundial de Médicos Galegos celebrado en Santiago. Alí foi coordinadora, xunto con Felipe Couñago, da mesa sobre “Compromiso, diversidade, futuro e internacionalización da Medicina galega”.

Fotos cedidas por Asomega.

Artigos relacionados

Back to top button