
Na tarde do 30 de outubro e presidido pola vicerreitora de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da UNED, a doutora Rosa María Martín Aranda, o Centro Asociado á UNED en Ourense, celebraba o seu solemne acto de inauguración do curso académico 2019/ 2020.
Tras a lectura da memoria do curso 2018/ 2019, chegou o momento da lección inaugural impartida polo profesor titor da UNED, Julio Prada Rodríguez, co título ¡Cómo hemos cambiado!… La caída del muro 30 años después.
Na mesa presidencial acompañando á vicerreitora estivo a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, quen subliñou que “a formación universitaria é unha ferramenta para acceder mellor ao emprego”, animando ao alumnado a “aproveitar a formación que as ensinanzas deste centro ofrece para acadar os seus obxectivo”. No acto tamén estivo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, en representación do presidente da Xunta Rectora; ol alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, como vicepresidente de dita xunta; o director da UNED en Ourense, o valdeorrés Jesús Manuel García Díaz; e a secretaria, María Concepción Álvarez Gómez. En nome dos nuevos alumnos titulados da UNED interviu María Teresa Perolio Hurtado.
