CulturaCulturaÚltima hora

A valdeorresa Fátima Delgado participa virtualmente en “Se Buscan Poetas”, un evento transmitido dende Nova York

A transmisión farase dende Manhattan o domingo 12 de abril no livestreaming no Instagram do @bowerypoetry.

A poeta e actriz valdeorresa Fátima Delgado./ Foto cedida.

 

Dirixido polo poeta e director do Festival Kerouac, Marcos de la Fuente, o vindeiro domingo 12 de abril ás 2:00p.m. de Nova York (22h. hora española) poderá seguirse virtualmente o evento de poesía e perfomance “Se Buscan Poetas”, en inglés, castelán e galego.

Nesta ocasión entre os seus oito participantes españois (dende España e dende os Estados Unidos) estará a poetisa valdeorresa Fátima Delgado. A transmisión farase dende Manhattan no livestreaming no Instagram do @bowerypoetry.

Fátima Delgado recitará en inglés e galego os poemas do seu novo libro Ouveos/Aullidos. Ademais, Oscar Curieses, colaborador de Paul Auster en Lulu on the bridge,  desde Madrid, recitará un poema para Walt Whitman; desde Barcelona Sonia Barba, directora do Prostíbulo Poético, se acompañará da tradutora Emilie Delcour para presentar os seus poemas, publicados por 66 RPM o Huerga y Fierro.

Así mesmo estará Laura Sam, cabeza visible do festival Spoken Word Bilbao, Almudena Vidorreta, poeta e tradutora; e Azahara Palomeque, poeta e xornalista, conectarase desde Philadelphia coa súa poesía crítica e punzante.

Completan esta escolma de poetas contemporáneos os galegos Malvares de Moscoso (vocalista de Rebeliom do Inframundo) e Olaia Pazos, dende Madrid, que escribe e actúa tamén para danza e teatro.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button