DeportesPiraguismoÚltima hora

A valdeorresa Kissy Torres, subcampioa do mundo de maratón en K-2 máster

Competía xunto á súa compañeira no Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Mónica Piñeiro, na categoría de 40-44 anos

Imaxe: Instagram Fluvial Avión-Castrelo de Miño.

 

Podio mundial para a padexeira valdeorresa Kissy Torres. Competía en K-2 máster (40-44) no Campionato do Mundo de Maratón celebrado en Ponte de Lima (Portugal) o 27 de setembro, logrando unha prata nesta categoría nun barco compartido coa súa compañeira no Club Fluvial Avión-Castrelo de Miño, Mónica Piñeiro. Nesta categoría tomaban a saída cinco embarcacións.

Ademais, Torres competía despois en K-2 mixto (35-49) xunto a Adolfo Monteagudo, logrando unha sexta posición. Nesta mesma proba tomaban a saída o tamén valdeorrés Pedro Alonso xunto a Mónica Piñeiro, cuxo K-2 se clasificaba na 16ª posición.

Artigos relacionados

Back to top button