
Dentro da selección galega que está a participar o Campionato de España de Autonomías de hóckey herba Sub16 feminina está a dianteira valdeorresa Lidia Fernández Salvador. Esta competición comezaba o 30 de marzo e desenvolverase ata o 2 de abril en Terrasa (Barcelona).

A selección galega está encadrada no grupo de A gran nivel, no que tamén está o País Vasco, Canarias, Asturias e Cataluña.O combinato galego vén de rematar a primeira fase deste nacional, coa disputa dos seus partidos de grupo. Lograba dúas vitorias, unha fronte a Canarias (1-0) e otra contra Asturias (1-0). Nesta segunda o tanto era da xogadora barquense, que nesta tempada está no Club Santiago Apóstol de Ourense.
Así quedan os grupos. Galicia xogara polo 5° ao 8° posto.