ConcellosLaroucoSan Xoán de RíoÚltima hora

A veciñanza de Río e Larouco desfruta dunha viaxe conxunta a terras de Lalín

 

Tras a positiva experiencia da viaxe realizada conxuntamente pola veciñanza de San Xoán de Río e Larouco pola Ribeira Sacra hai unhas semanas, neste domingo volvía repetirse a experiencia pero tendo como destino outro lugar da xeografía galega: Lalín (Pontevedra).

Así unhas 55 persoas, o que supoñía un autobús cheo, desprazábanse nesta xornada ata as terras do Deza. Primeiro visitaban o Pazo de Anzuxao para ver o proceso de elaboracion de queixos e facer unha cata, logo achegábanse ata o Concello de Lalín onde percorrían unha exposición sobre castros celtas.

Logo xantaban o “famoso cocido” de Lalín, e visitaban o Museo Etnográfico da Casa do Patrón, a aldea restaurada de Doade e, finalmente, iniciaban o regreso a Río e Larouco.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button