EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A vendima da Ribeira Sacra entra en outubro marcada pola calidade e con 4,4 millóns de quilos recollidos ata agora

 

Continúa a campaña de vendima na Denominación de Orixe Ribeira. A data 2 de outubro de 2024, a xa se tiñan recollido un total de 4.406.354 quilos de uva. Actualmente, 34 adegas continúan coa vendima, mentres que 54 xa completaron a recollida. A calidade das uvas recollidas ata o momento é valorada como excelente polo Consello Regulador e polas adegas.

A variedade Mencía segue a ser a raíña con 3.283.200 Kg. vendimados, seguida do Godello con 702.239 Kg.

Así, no que respecta ás cantidades recollidas en quilos, as tintas son as seguintes, segundo os datos aportados polo CRDO Ribeira Sacra:

● Mencía: 3.283.200
● Garnacha: 84.763
● Brancellao: 37.161
● Merenzao: 48.174
● Caiño tinto: 38.457
● Grao negro: 560
● Mouratón: 5.049
● Sousón: 29.306
● Tempranillo: 22.431

En canto ás variedades de uva branca:

● Albariño: 81.562
● Godello: 702.239
● Treixadura: 49.343
● Branco Lexitimo: 9.062
● Dona Branca: 7.170
● Loureira: 6.741
● Torrontés: 1.136

Back to top button