
O Concello da Veiga pon en marcha de novo, a VII Ruta dos pinchos, que se celebrará o venres 23 de agosto, a partir das 20.00 h. que percorrerá diversos establecementos, nos que disfrutar dos pinchos amenizado con música.
A ruta dará comenzo nas Chairas, seguindo polo Albergue Montañas de Trevinca, Restaurante Río Xares, e continuará no Bar Yañez, Layla finalizando no Retiro, onde haberá unha urna na que os participantes votarán o mellor pincho do percorrido, e continuará a festa. O establecemento gañador levará un premio ao pincho máis votado. Os pinchos estarán elaborados con productos locais.
O percorrido estará amenizado pola charanga Támega, que porán o toque musical, e como eles mesmos comentan: “Cando imos polas rúas coa nosa música ninguén queda indiferente”.
Para participar na ruta, deberase mercar o cartón na oficina de Turismo de A Veiga, en horario de 09.30 a 14.30 ata o 22 de agosto, ou ata fin de existencias. O prezo do cartón son 24€, nos que inclúe: 1 auga/cervexa ou viño + 1 picho/establecemento.
Atardeceres literarios de Trevinca
Atardeceres literarios de Trevinca é un encontro de literatura e astronomía da man de autores locais, que terá lugar o 24 de agosto, no Centro Astronómico Trevinca ás 18.00 h. Entre outros actos terá lugar a presentación do Premio Literario Alfalira, na que poderá participar todo aquel que o desexe.
Tamén haberá unha mesa redonda na que participarán autores locais, contando as súas experiencias. Logo desta tertulia, o autor invitado, Rodrigo Costoya impartirá a súa conferencia: “ A incrible historia do Colón galego”, e a continuación presentará o seu libro: “Porto Santo: O Enigma de Colón”.
Como broche final, teremos a observación do solpor de Trevinca da man do director do Centro Astronómico de Trevinca, Óscar Blanco.
23 de agosto de 2024
O programa
23 de agosto
RUTA DE PINCHOS coa Charanga Támega
24 de agosto de 2024
VI CAMPIONATO DE BOLOS
ATARDECERES LITERARIOS
25 de agosto de 2024
PARQUE ACUÁTICO INCHABLE NO ENCORO DE PRADA