En portadaÚltima hora

A VIII Andaina Solidaria da Cruz Vermella Valdeorras, con saída de Arcos (Vilamartín), reúne a unhas 200 persoas

 

Dende a praza de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) dábase a saída ás 9:30h. deste domingo 23 de xuño á VIII Andaina Solidaria da Cruz Vermella Valdeorras. Antes os camiñantes podían recoller os seus dorsais nese mesmo lugar.

Esta cita solidaria, promovida pola Cruz Vermella Valdeorras, reunía a uns 200 participantes que tiñan a posibilidade de escoller entre dous percorridos: un traxecto de 7 km de dificultade baixa e outro de 11 km de dificultade media. En ambos casos case todo o percorrido ía pola Senda do Río Farelos.

 

 

Despois da andaina os participantes desfrutaban dunha petiscada. A organización contaba tamén coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Vilamartín e do Barco.

Fotos cedidas.

Back to top button