DeportesÚltima hora

A vilamartinesa Eva Arias, no nacional de cross por equipos mixto absoluto

Ademais lograba un sexto posto en elite feminina nos 10 km de Alcobendas

 

Destacado resultado para a atleta vilamartinesa Eva Arias Aira, que viste as cores da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, no Campionato de España de Cross celebrado a pasada fin de semana en Sevilla-Itálica. Na proba de cross por equipos mixto absoluto, o 20 de novembro, fixo a posta 3, contribuíndo a que o seu club se sitúase no posto 16 na clasificación española feminina.

Ademais, a atleta natural de San Miguel de Outeiro competía o domingo nos 10 km de Alcobendas en ruta, dentro do calendario da Real Federación Española de Atletismo. Nesta cita sitúaba sexta en elite feminina, cun tempo de 38’40.

“Estou satisfeita de ambas carreiras porque levo dous meses escasos adestrando despois dos case 4 meses de parón por lesión e, aínda que o estado de forma é moi mellorable, considero que imos por bo camiño”, destaca Eva Arias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button