CulturaCulturaEntroido 2024Última horaVídeos

A visita da Comparsa a Rubiais (Viana do Bolo), neste Entroido

 

Contra as 11h. do 10 de febreiro a tradicional Comparsa das aldeas de Viana do Bolo iniciaba a súa ronda por Rubiais. Era a terceira deste Entroido polas localidades do municipio, cun periplo que remataba na tarde dese mesmo sábado en Seoane de Arriba.

 

Unha vez chegados ao lugar da representación, o Director daba paso aos brindes en verso, que intercalaba co Paiaso, no que se lle adican en verso unha serie de pezas (interpretadas polos músicos da Comparsa) aos veciños de Rubiais, algo que se agradecía unha aportación económica para a Comparsa. Ademais á persoa á que se lle dedica é sacada a bailar pola Señorita ou por outro dos participantes na representación.

 

 

Tras os brindes, dábase paso á disputa, unha representación teatral tamén en verso e marcado tono satírico, con multitude de personaxes e que naque tocaban os máis variados temas. Dende cuestións da actualidade local, como a paralización cautelar da mina de Penouta ata nacional con referencias á cuestión da amnistía.

 

 

A representación finalizaba, como manda a tradición, coa indicación do Director aos membros da Comparsa para que descubrisen o seu rostro. A visita a Rubiais da Comparsa foi tamén algo especial xa que nesta mañá nevaba.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button