ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A X Festa do Cordeiro de Chandrexa reúne a mil comensais

Cunha desgustación gratuíta de cordeiro ao espeto principiaban as actividades da X Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa o sábado 31 de agosto ás 12:30 horas. Dúas horas despois tiña lugar o xantar popular, cun prezo de 17 euros, que congregaba a mil persoas.

O menú consistía en empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bica, viño, café e e licores. En total servíanse 80 empanadas, 60 cordeiros, acompañados de 120 quilos de pementos. Ademais, durante toda a mañá o grupo de música tradicional Os Bertolini de Manzaneda e o trío Karma animaban a celebración, na que tamén había inchables para os cativos de 15:00 a 22:00 horas.

Despois viña a a sesión de tarde e verbena a cargo da orquestra Funçao Públika e da disco móbil A Gramola. Ás 20:30 horas, no descanso para cear, tiña lugar unha gran pancetada, na que os asistentes degustaban 100 quilos deste produto.

Nesta décima edición destacou a boa organización desta festa que xa se ten consolidado como unha cita gastronómica de referencia na comarca.

Fotos: Raquel Pérez.

Artigos relacionados

Back to top button