En portadaÚltima hora

A IX Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño celebrarase do 26 ao 28 de abril

Máscaras participantes na anterior edición da ViboMask./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A organización do IX Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask vén de facer pública a data que se celebrará este evento, que terá como escenario Viana do Bolo e Vilariño de Conso. “Será os días 26, 27 e 28 de abril (a última fin de semana do mes). Xa iremos actualizando a información a medida que se acheguen as datas”, comentan.

Este encontro acostuma reunir a multitude de festas de inverno de Galicia, pero tamén doutras partes da península e mesmo doutros países.

 

Artigos relacionados

Back to top button