É unha marcha dura, pero que me permite admirar e desfrutar á luz da lúa chea do teito galego, Pena Trevinca. O Club Montañas de Trevinca organizará na terceira fin de semana de xullo a “XIII Noite – Entre Lobos e Estrelas deste 2024”, en concreto na noite do 20 ao 21 de xullo. “É este un percorrido nocturno de alta dificultade e longa duración, non aconsellable para persoas con pouca experiencia en montaña e baixa preparación física”, explican dende a organización.
En total serán 29,6 km de ruta co seguinte percorrido: Vilanova – Sestil Alto – Pena Trevinca – Picón (2079 m) – Laguna de los Patos – Laguna de Riopredro – Laguna de las Yeguas – Laguna de los Peces.
“Dende Pena Trevinca se descende ata a Portilla de Morteira Cavada, paso obrigado dende as terras leonesas camiño do Portillo de Puertas e A Baña. O percorrido continúa pola Laguna de Patos enriba das coñecidas lagoas da Baña. O Picón (2079 m) coas súas verticais paredes e a cabalo dos vales glaciais de A Baña e Lagunallo, ofrece unhas magníficas imaxes das cumes e vales de Trevinca. As lagoas de Riopedro o Fueyo Grande, Yeguas e Peces nos falan da recoñecida importancia do glaciarismo nestas montañas fronteira natural de Galicia, Zamora e León”, indican dende o Club Montañas de Trevinca.
O punto de encontro dos participantes será A Veiga ás 21h., para cea (opcional) e posterior apertura de actividade. Lugar: Oficina de Turismo. Se ben a saída non será dará ata as 00h. dende Vilanova.
As prazas desta actividade son limitadas “en atención ás características de grande valor natural do itinerario” e a data límite para anotarse será o xoves, 18 de xullo ata as 15:00 h. na web https://www.montanasdetrevinca.es/07-entre-lobos-e-estrelas-2/