Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A XIV Carreira por montaña Canón do Sil será o 24 de outubro, en Parada de Sil

Presentación desta proba de montaña./ Cedida.

 

Despois de que o ano pasado debido a pandemia non se celebra a carreira por montaña, este ano retómase a celebración da Carreira por montaña Canón do Sil, que vai pola XIV edición. Hoxe foi presentada no concello de Parada de Sil por Antón Vázquez, responsable do Clube de Montaña Ribeira Sacra, xunto co alcalde, Aquilino Domínguez, anunciando que o peche da inscrición é o día 15 de outubro.

Vázquez recordou que dende o 2007 ven de celebrarse de xeito continuo agás o ano pasado e que esta carreira en Parada de Sil é a única que foi dúas veces Copa de España e 3 veces campionato de España de clubes e individual, o que pon de manifesto prestixio da mesma e a importancia que ten, ao desfilar por Parada de Sil os mellores corredores de España.

A proba ten 33 km, na súa distancia longa, un total de 17 km na media e 7 km na curta, acadando un desnivel positivo na larga de 2.220 m. As inscricións poden facerse en championchipnorte.com e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense.

As probas puntúan para a Copa Galega de Carreiras por Montaña e para o circuíto galego de carreiras por Montaña “Terra”.

Artigos relacionados

Back to top button