EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A xornada “A vida da viña: dende o chan ata a botella”, o 22 de xaneiro na Rúa

Desenvolverase no antigo Colexio de Fátima e está promovida dende a Escola do Viño La Perdida

 

O vindeiro 22 de xaneiro terá lugar a xornada “A vida da viña: dende o chan ata a botella”, que se desenvolverá no antigo Colexio de Fátima na Rúa. Esta iniciativa está promovida dende a Escola do Viño  La Perdida, da adega do mesmo nome situada no municipio de Larouco.

“Trátase da primeira xornada de relatorios que organizamos dende o ciclo que montamos. Pola mañá falará Bernardí Estevez sobre o traballo en chans con biofertilizantes e microorganismos e pola tarde Fernando Angulo sobre elaboración de escumosos”, adiantan dende a adega.

A persoas interesadas poden inscribirse en escoladovino@gmail.com e o custo da inscrición completa é de 60 euros.

Artigos relacionados

Back to top button