EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A XVII Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador

A proposta seleccionada polo xurado do concurso entre os 73 traballos presentados é a de Raúl López

 

A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa conta con cartel anunciador. A proposta seleccionada, obra de Raúl López Martín, foi elixida entre un total de 73 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.

O autor desta obra, presentada baixo o lema “Tradición”, é licenciado en Belas Artes e traballa como deseñador gráfico. Participante en diversos concursos de cartelería venceu algúns deles como San Fermín 2023, Aste Nagusia Bilbao, Entroidos de Bilbao, Semana Santa de Callosa de Segura (Alacante), Feira e Festas de Lora del Río (Sevilla), Festival Cinema de Terror de Molins de Rei (Barcelona), Festival Internacional de Cinema de Animación (Basauri-Biskaia) ou os das Festas de Tudela, Estella, Tafalla, Barañáin, Huarte, Villava, Corella ou Calahorra, entre outros.

O xurado encargado de elixir o cartel anunciador ha estado conformado por Ernesto Rodríguez, vogal e representante do Consello Regulador da D.O. Monterrei; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Consevatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica, Fernando Barreira, artista plástico, e María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios.

Artigos relacionados

Back to top button