
Ás 20:30h. do vindeiro sábado 29 de xullo a Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá a XVII Mostra de Corais que organiza o Orfeón Vianés. Ademais da entidade anfitrioa, neste evento tamén participarán a Asociación Cultural de Botos (Lalín, Pontevedra) e a Coral Polifónica Val do Avia (Leiro, Ourense).
Cada unha das formacións musicais interpretará catro pezas, abrindo o concerto a Asociación Cultural Botos, despois actuará a Coral Polifónica Val do Avia e, finalmente, o Orfeón Vianés, que cantará a “Virxe do Portovello”, “A Roliña”, “Con sabor tropical” e “Pinga con limão”.