En portadaÚltima hora

A XXV Feira do Viño de Valdeorras adianta a súa data e pasa aos días 1 e 2 de xuño en Viloira (O Barco)

Así o vén de decidir esta mañá o pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras

Imaxe dunha edición anterior da Feira do Viño de Valdeorras. / Foto: Carlos G. Hervella.

O pleno do Consello Regulador da Denominación de Valdeorras acordaba esta mañá adiantar unha semana a celebración da XXV Feira do Viño en relación á data inicialmente anunciada. Tal e como destaca o presidente do organismo, José Ramón Rodríguez Casteláns, “esta decisión tómase para que o foro máis relevante de cantos celébranse no noso territorio amparado para poñer en valor os nosos viños non coincida en tempo e espazo coas tradicionais festas de Viloira”.

A comisión de festas de Viloira anunciou a decisión de retomar as celebracións, que non se festexaban desde antes da pandemia, con posterioridade a que o pleno do Consello Regulador fixase a data para a nova edición da Feira do Viño, que se adianta un mes con respecto ao tempo no que habitualmente afacía celebrarse. Deste xeito, a Feira vai ter lugar os días 1 e 2 de xuño.

“Queremos que a feira sexa protagonista absoluta en Valdeorras, nun ano moi especial, debido a que alcanza a súa edición número 25. Por iso, prepararemos unha potente axenda de actos paralelos ligada ao foro que iremos anunciando paulatinamente”, sinalou o presidente do Consello Regulador.

Artigos relacionados

Back to top button