EconomíaEconomíaÚltima hora

A XXVI da Feira da Rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra, en Sober os días 11 e 12 de agosto

 

O Concello de Sober celebrará os días 11 e 12 de agosto a edición XXVI da Feira da Rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra. Coincidindo con esta celebración tamén se levará a cabo o V Túnel do Viño de Amandi. Haberá expositores de roscas, de alfarería, de mel, de queixo e artesáns.

O día 12 terá lugar a degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo, como xa é tradición. As adegas participantes no V Túnel do Viño estarán abertas o venres e o sábado, en horario de mañá e de tarde.

“Moi pronto vos contaremos a programación completa deste evento que xa é un dos máis afamados da Ribeira Sacra verán tras verán”, adiantan dende o Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button