AletismoDeportesEn portadaÚltima hora

A XXXV Milla Urbana do Barco, que se celebrará o 17 de setembro, desvela o cartel da súa categoría absoluta

Na categoría masculina sobresae o nome de Mohamed Attaoui, mentres que na feminina as atletas do Adas teñen opcións de podio

Carreira feminina absoluta da pasada edición da Milla do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Conta atrás para a XXXV Milla Urbana do Barco, unha cita que forma parte do calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo e que se encrada nas Festas do Cristo. A partir das 18h. do domingo 17 de setembro o Paseo do Malecón converterase nun circuíto de atletismo cunha participación que irá dende meniños de meses ata veteranos.

Unha especial expectación é a que xeran as carreiras absolutas, cun cartel de luxo. Nesta edición na carreira masculina, programada para as 19:55h., destaca a presenza do atleta mundialista Mohamed Attaoui, tamén se prevé contar con Pablo Bocelo, Jesús Gómez ou David Carranza. “Será unha carreira de moitísimo nivel”, adianta Agustín González dende a organización, en mans do Concello do Barco coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e co Club Adas Cupa.

No apartado feminino, coa ausencia este ano de Solange Pereira (ata agora a atleta con máis edicións ganadas da Milla) polo seu abandono do atletismo, destacan especialmente as atletas do Adas como é o caso da barquense Inés Docampo, pero tamén de Sara López, e tamén se contará con Antía Castro, entre outras corredoras. “Na Milla feminina este ano todo está aberto, poderíamos ter unha vitoria do Adas, vai ser emocionante e bonita”, adianta González.

Artigos relacionados

Back to top button