PolíticaÚltima hora

Abelardo Carballo: “Tanto a moción de censura como a miña designación como alcalde foron axustadas a dereito”

O alcalde de Viana do Bolo vén de emitir un comunicado no que responde ao anuncio de que o BNG local vai presentar un recurso contencioso contra a moción de censura de setembro

 

O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, tras un pleno./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante o anuncio do BNG de Viana do Bolo de que esta formación presentará un contencioso para solicitar a nulidade do pleno de 1 de setembro pasado, no que se debateu e aprobou unha moción de censura e se produciu un cambio de goberno en Viana, o actual rexedor, Abelardo Carballo vén de emitir un comunicado no que sinala que “nos informes dos Servizos xurídicos da Deputación e da Secretaría deste Concello, conclúese, sen ningún xénero de dúbidas, que tanto a Moción de Censura, como a miña designación como alcalde, foron plenamente axustadas a dereito”.

Asimesmo, engade o rexedor vianés, “pese á confusión que o BNG trata de sementar entre os veciños, con esta noticia, este alcalde e o seu equipo de goberno, continuarán traballando á fronte do Concello coa mesma ilusión, continuidade e tesón que o primeiro día, tentando levar adiante o maior número de proxectos posibles pese a tódalas trabas que esta oposición “destrutiva” nos está a poñer”.

Artigos relacionados

Back to top button