ConcellosO BarcoÚltima hora

Aberto o prazo para a adxudicación da barra das Festas do Cristo do Barco

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Desde hoxe, 28 de agosto, está aberto o prazo para que presente a súa oferta calquera persoa interesada na instalación dunha barra de bar durante as festas do Cristo do ano 2024. Máis en concreto, trátase dunha barra de 20×2 metros e mesas e cadeiras, con localización no lateral do Campo da Festa colindante co paseo do río.

A barra instalarase os días 13, 14, 15, e 16 de setembro de 2024, e estará aberta durante a actuación das orquestras, así coma desde unha hora antes e 2 horas despois da súa celebración. O prezo de saída é de 4.500 euros, e a barra adxudicarase á mellor oferta económica. Os interesados poderán presentar as súas ofertas ata as 14,00 horas do día 2 de setembro.

Os requisitos dos licitadores e criterios de adxudicación, así como o resto dos detalles relativos a esta oferta están recollidos no anuncio publicado na Sede Electrónica do Concello do Barco, á que pode
accederse a través do seguinte enlace:

https://www.sede.concellodobarco.org/vd/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqPMuH4pT00S0S1I0OLZ1KaJNe+eFbpZPJgiMCEzInM+IelfKtcNjJ6uSUVL4+RodRg==

Back to top button