ConcellosO BarcoÚltima hora

Abre as súas portas Bico Salón, un novo centro de beleza e estética no Barco

Está situado na rúa Doutor Pérez Lista da vila e trátase dun proxecto promovido por Natalia e Helia

 

Buscando coidar e mesmo mimar á súa clientela e apostando pola terapia manual, máis que polos aparatos, esta tarde de 14 de marzo abría as súas portas na rúa Doutor Pérez Lista, número 15, do Barco Bico Salón, un novo centro de beleza e estética.

Trátase dun proxecto promovido por dúas mozas, Natalia e Helia, que apostan por emprender con este novo proxecto. “Bico é o mimo, o cariño, o xeito de que che dean unha aperta”, explica Elia cando se lle pregunta polo nome deste establecemento, que “é un salón de beleza e estética, no que ofrecemos múltiples servizos, sobre todo, fomentando o que é a terapia manual, iso que non se pode conseguir a nivel internet ou de plataformas que ofrecen todo tipo de cousas. Nós mimamos ese detalle, tanto en tratamentos capilares coidando a masaxe e demais, como en tratamentos estéticos, tamén mimando moito a terapia manual, apartando a aparatoloxía. Traballaremos moito o equilibrio vital da persoa”.

 

 

Os servizos están dirixidos tanto a homes como a mulleres. E entre figuran tamén manicura e pedicura, depilación con láser e con fío, e en perruquería “contamos con múltiples servizos e moi naturais, temos tratamentos capilares, hidratación…”.

Para poder acudir a Bico Salón recoméndase pedir cita previa na páxina de serva online Booksy Bico Salón, no teléfono 611 88 64 09 ou ben no Instagram Bicosalon.

Helia agradece o gran respaldo das persoas que as estiveron apoiando nestes días e asegura que poñen en marcha este salón “con moita ilusión e animo á xente nova a que emprenda e que loite polos seus soños”, conclúe.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button