A GudiñaConcellosÚltima hora

Abre as súas portas o novo albergue “Casa da Viúva” da Gudiña, na Vía da Prata

O acto inaugural contaba coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia, entre outras autoridades

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asistía esta mañá á inauguración do novo albergue da Gudiña, a Casa da Viúva, na Vía da Prata, ao que se refería como exemplo do compromiso de ofrecer aos peregrinos a mellor Galicia neste Xacobeo 21-22. Neste acto estaba acompañado polo alcalde da Gudiña, José María Lago; así como polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; e polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; entre outras autoridades.

Feijóo percorría estas novas instalacións, nun edificio senlleiro recuperado que conta con 44 prazas, cun cuarto adaptado con aseo propio, aparcadoiro de bicicletas, un espazo dedicado a exposicións e información sobre o Camiño, e cunha sala de estar con comedor, cociña e área de descanso.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta recordou que a Comunidade conta cunha rede pública de albergues con 78 establecementos. Nesta liña, precisou que a Vía da Plata conta na actualidade con 13 albergues, aos que se sumarán 2 establecementos máis: o de Cea, con 43 prazas, e o de Piñor con 40.

 

 

Así mesmo, salientou que a Administración autonómica conta con dúas follas de ruta para organizar todas as melloras que se están a facer na experiencia xacobea: o Plan director do Camiño, cun investimento de 67 millóns de euros, para conservar e protexer o Camiño a través das melloras na accesibilidade, na acollida e na integración das rutas; e o Plan estratéxico 2019-2021, dotado con 247 millóns.

Por último, o responsable do Goberno galego reiterou o esforzo que desde a Administración autonómica se está a levar a cabo para achegar un “plus” de seguridade a todas as persoas que decidan facer o Camiño, referíndose a iniciativas como Galicia destino seguro, á posta a disposición dos viaxeiros dun teléfono especial para atender calquera síntoma relacionado coa covid-19, á activación da aplicación PassCovid ou ao Seguro coronavirus.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button