EconomíaEconomíaÚltima hora

Abre un Claudio Express na gasolineira de Vilamartín de Valdeorras

É o terceiro punto de venda franquiado que suma na provincia de Ourense durante o 2023

 

Gadisa retail chega a Vilamartín de Valdeorras coa súa liña de establecementos franquiados. Un novo Claudio Express abre as súas portas no complexo que Gasolinera Valcarce ten na arteria principal da comarca de Valdeorras, a Carreterra N-120, no km. 463, ao seu paso por este municipio.

A tenda dispón dunha sala de vendas de 70 m2, na que ofrece aproximadamente 750 referencias de artigos de alimentación, droguería e hixiene. Este espazo está configurado para poder levar a cabo unha compra rápida, cómoda e económica. O Claudio Express completa os servizos que prestan as instalacións: cafetería, restaurante, neumáticos, boxes de lavado e aspirado para coches e camións e butano. O horario de atención ao público é moi amplo.

Xornada de apertura

Os propietarios do complexo, Manuel Ramos e o seu fillo Juan Ramos, xunto ao seu equipo, acompañaron na xornada de apertura aos representantes de Gadisa Retail: Miguel Freire, director de vendas de franquía, José Antonio Hermida, coordinador, e Beni Canedo, supervisor da zona.

Gadisa Retail alcanza os 241 establecementos franquiados con esta apertura, dos que 125 son Claudio e 116 Claudio Express. En total, incorporou 17 puntos de venda durante este ano, aumentando a súa presenza na provincia de Ourense, tanto na capital como na Merca e en Vilamartín de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button