ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente con 3 vehículos implicados na estrada de Santigoso a Soulecín (O Barco)

 

Arredor das seis desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada que vai de Santigoso a Soulecín, no municipio do Barco. No sinistro víanse implicados tres vehículos: unha camioneta, un todoterreo e un turismo. Así un vehículo que subía dirección Soulecín chocaba contra o todoterreo que estaba aparcado e contra unha camioneta que subía.

Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato a Policía Local do Barco, o 061 Urxencias Sanitarias, GES Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil de Tráfico.

Como consecuencia do accidente resultaba ferida unha persoa que era trasladada para recibir atención sanitaria no Hospital Público de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button