ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico na estrada de Santigoso (O Barco)

 

Arredor das 11:15h. deste mércores 31 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na saída dende Viloira (O Barco) cara a localidade de Santigoso no que vían implicados dous vehículos, un Land Rover e un turismo que chocaban frontalmente quedando envorcado na estrada o todoterreo.

Como consecuencia do sinisitro resultaba ferido o condutor do Land Rover que era excarcerado polos bombeiros. “Estaba consciente pero sufriu lesións en brazos e pernas”, puntualizan dende o 112, indicando que no outro vehículo viaxaba outra persoa que tamén requiriu asistencia sanitaria”.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Policía Local do Barco, o 061 Urxencias Sanitarias, o GES Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal, a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico e Conservación de Estradas. Tamén se mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button