ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico na rotonda da Proba (O Barco)

 

Pouco antes das 9:15h. desta mañá producíase un accidente de tráfico na rotonda da Proba (O Barco). Era unha colisión na que se vían implicados un camión e un turismo. O 112 Galicia era alertado do suceso a través do 061-Urxencias Sanitarias, que tamén indicaba que había unha persoa atrapada.

De contado, o 112 Galicia avisaba aos bombeiros do parque comarcal, á Policía Local do Barco, á Garda Civil de Tráfico, ao GES Valdeorras e a Protección Civil. Os bombeiros procedían a excarerar á condutora do turismo, que resultaba ferida.

Ademais, dende a Policía Local do Barco indicábaselle ao 112 Galicia que o camión do accidente era unha formigoneira e que non levaba carga.

Artigos relacionados

Back to top button