ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico no acceso ao Barco por Veigamuíños

 

Ás 10:17h. deste xoves 31 de agosto producíase, segundo o 112 Galicia, un accidente de tráfico no acceso á vila do Barco pola zona de Veigamuíños, en concreto nas proximidades da gasolineira existente na zona. No suceso víanse implicados dous vehículos e resultaba ferida unha persoa.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato a Policía Local do Barco e o 061-Urxencias Sanitarias. A persoa ferida foi trasladada para recibir atención sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button