A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico no centro da Rúa

 

Na mañá deste luns 21 de agosto producíase un accidente de tráfico na vía central da Rúa. Pasaban das 9:40 horas cando os servizos de emerxencia recibían o aviso dun vehículo envorcado no medio da estrada, preto da céntrica rotonda do Campogrande, no que circulaba unha única ocupante que era atendida no lugar polos servizos de emerxencia, sendo posteriormente trasladada en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras.

Descoñécense as causas do accidente no que se vía implicado un segundo coche, parado en dobre fila que, “ao intentar saír, viuse alcanzado polo vehículo que finalmente terminou envorcado”, tal como contan fontes presenciais. A condutora ferida ía dirección O Barco e estaba consciente mentres era atendida polos sanitarios.

Ademais dos servizos sanitarios do 112, ata o lugar dos feitos trasladáronse membros de Protección Civil da Rúa, do GES Valdeorras, dos bomberos do parque comarcal, da Policía Local da Rúa e da Garda Civil.

No momento de redactar a nova a estrada permanecía cortada dende o cruce da Campogrande coa San Antón ata a rotonda.

 

Artigos relacionados

Back to top button