
Na tarde deste martes 17 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na céntrica rúa Conde Fenosa, no Barco de Valdeorras, no que se vían implicado un vehículo e unha persoa en cadeira de rodas.

Os feitos tiñan lugar pasadas as cinco da tarde preto do cruce coa rúa Santa Rita e ata o lugar dos feitos desprazábase a Policía Local do Barco que regulaba o tráfico e unha ambulancia que trasladaba ao ferido ata o Hospital Público de Valdeorras.
