No mediodía deste venres 19 de xullo producíase un accidente de tráfico na Rúa no que se vían implicados dous turismos.
Os feitos tiñan lugar sobre as 14 horas nunha das entradas, preto dos Pinos, concretamente no cruce coa estrada que vai ao Polígono das Pedreiras onde chocaban dous coches, un que subía e outro que ía dirección Á Rúa, sen que se producira ningún ferido.
Ata o lugar dos feitos desprazábanse a Policía Local, voluntarios de Protección Civil, Conservación de Estradas e Garda Civil de Tráfico.


