EconomíaEconomíaÚltima hora

Accións formativas online para os apicultores valdeorreses

Imaxe dun colmear./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Valdeorresa de Apicultores vén de informar dunha serie de cursos formativos que se desenvolverán, a través da Agrupación Apícola de Galicia, ata finais de abril de forma online. O primeiro deles, titulado “Alimentación e preparación das colmeas”, realizábase o pasado domingo 28 de marzo cunha participación de 45 persoas.

No decurso da sesión, impartida por Pajares Consultores Apícolas, abordábanse aspectos como os momentos críticos e operacións de manexo correspondentes, conceptos básicos sobre a nutrición da colonia, aportes do mel e o pole ás necesidades nutricionais da colonia, indicadores de campo do estado nutricional e preparación de pensos para as abellas.

A vindeira acción formativa, tamén de carácter telemático, está programadao 10 de abril e leva por título “Inspección en explotacions e Xestión de residuos de tratamentos”. Correrá a cargo da Xunta de e impartirase nun horario 9:00 a 10:00h. Despois haberá outra sesión sobre “Varroa” da man de Pajuelo Consultores Apícolas de 10:15h. a 13:15h.

O ciclo de cursos continuará o 17 de abril con “Boas prácticas en Sanidade apícola, sen varroa” e o día 24 con outro titulado “Cómo desenvolver colmeas para criar raíñas e núcleos” por Gilles Fert.

 

Cartel do curso impartido o pasado domingo.

Artigos relacionados

Back to top button