EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Acción promocional para profesionais da D.O. Monterrei en Lugo

Imaxe da acción promocional en Lugo./ Foto cedida.

 

A cidade de Lugo acollía da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, que congregaba a profesionais do sector da distribución e canle Horeca. Esta iniciativa tiña como finalidade “dar a coñecer os viños que se elaboran na denominación, afianzar a imaxe de marca e impulsar a comercialización directa, entre outras cuestións”, tal e como sinalan dende o seu consello regulador.

Neste evento participaron representantes da La Tienda Raúl Freire, 101 Vinos, El Pincel, El Jardín, Restaurante Eduri, Mesón O Castelo, Sala Jagger, Mesón Tres Pes, Parrillada Caminito, A Fábrica, Santeiro’s, Parrillada Antas de Ulla, Chuché, Vitato, Cafetería Abrente, Ciudad de Lugo, Hotel Cross o Apartahotel Méndez Núñez. Ademais acudían alumnos/as do IES Sanxillao de Lugo, e o deputado provincial da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Na devandita acción promocional ademais de degustar os brancos e tintos elaborados na denominación, os asistentes puideron coñecer as peculiaridades deste territorio vitivinícola, por exemplo, características de chan e clima, tipoloxías de viño ou tradición vitivinícola.

Nesta actividade estaban presentes os viños das seguintes adegas: Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

“Este ano, e despois de realizar varias accións na Mariña Lucense, volvemos á capital da provincia”, indica o presidente da D.O. Monterrei, Jonatás Gago García, “co obxecto mostrar o noso produto ao canle HORECA e sector da distribución, e deste xeito axudar a que as nosas adegas amplíen as súas canles de comercialización”, conclúe.

Artigos relacionados

Back to top button