ConcellosO BarcoÚltima hora

Acéndese o Nadal no Barco

 

A  partir das 18h. desta tarde acendíase a iluminación navideña instalada nas rúas do Barco, que se manterá ata a fin de semana de Reis. Na súa instalación o Concello investiu algo máis de 18.000 euros.

 

 

Ademais, púxose en marcha a instalación de iluminación do Nadal nos núcleos rurais do municipio. “Este ano investíronse 11.000 euros en total para a instalación de motivos festivos en 31 núcleos de poboación do Barco (os principais do municipio). Tamén está previsto que a maioría se acendan hoxe, e nos que aínda non foi posible terminar a instalación, acenderanse en canto queden colocados”, segundo informa o Concello do Barco.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button