CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Acordeonistas da Rúa, O Barco e Vigo, no festival celebrado no Centro Cultural Avenida

Organizado por Abertal, o encontro musical reuníu a un gran número de afeccionados

Por terceiro ano consecutivo, A Rúa acolleu o Día Mundial do Acordeón da man de Abertal e do Concello, cun exitoso festival de acordeóns celebrado na tarde do 7 de maio no que actuaron alumnos da escola (da Rúa e O Barco) e tamén profesionais chegados dende Vigo. Coma sempre, as máis pequenas foron as primeiras en subirse ao escenario acompañadas polo profesor e organizador do evento, Manuel Olegario. Despois, presentados por Maribel Campos, pouco a pouco ían actuando solistas, dúos e tamén grupos, dende Tarataña de Vigo ata Abertal, nun concerto que durou algo máis de hora e media.

Esta iniciativa nacía co obxectivo de dar a coñecer a versatilidade do acordeón co que poden interpretarse diferentes estilos musicais (dende valses ata polcas pasando por rumbas, pasodobres e mesmo bandas sonoras); e tamén conseguir que os alumnos de acordeón de Abertal teñan unha meta para superarse curso a curso. A xulgar polo escoitado, parece que o están conseguindo.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button